Jaureguizar / O Cabaret Voltaire
Jaureguizar / O Cabaret Voltaire
Coyote

Unha cumbia de cando había milagres

"Os mellores cócteles de Manhattan tómanse en Lugo, son os de P. López en Campo Castelo", aseverou con gravidade Óscar L’Alba. Sabe do que fala porque foi amigo de Manolo, o cocteleiro de Sada que atendía a Nabokov no hotel de Le Mans cando o autor despedía a lectura, a Vera e a voluptuosidade
.

A loita de clases de Piti Sanz

Saíra un sol terso sobre Lugo. Aproveiteino ir comprar o pan. Ao cruzar o parque de Rosalía crin comprender a loita de clases. Estaba colonizado por pallozas con pel de cartón pedra. As tendas dos patricios recenden a suavizante. Para velas, hai que ir ao centro. Podería facer unha lectura marxista, pero hoxe non teño situacionista o corpo.

Miguel de Lira.

Non todos temos unha curva propia

Manuel Jabois empezou a escribir Malaherba nun taxi ao que non lle furrulaba o taxímetro —un taxi sen taxímetro é un turismo—. Blanco Amor morreu nun taxi —branco cadaleito infantil— cando buscaba  un hospital que lle  desatase un trombo que se lle enleara na cabeza

Salvador Dalí. EP

Dalí ten dúas mans; Disney, milleiros

HABÍA MOITOS anos que Pacho sabía que volvería ser novo. A esa hora na que as panadarías empezan o reparto, Pacho achegouse á Atalaia. Dobrou coidadosamente o seu traxe negro de neopreno xunto a un canón do século XVI que apunta a Figueras e arrimoulle un misto. A fogueira alumeou unha ceremonia intensa de emoción e voluptuosa de lume. O vurullo, escuro coma un niño de...
Quique Bordell, agora Piantao. J.VÁZQUEZ

Hamburguesas grandes coma ovnis

ESPERANDO a que me resolvan as cousas por arte de birli birloque, fun a un cafetería de señoras para tomar un chocolate. As señoras de Lugo teñen un olfacto afinado para os pinchos de tortilla. Por iso busco cafés nos que sexan maioría. Sentei nunha cafetería de señoras co libro David Hockney. Life  (El Taller de Elba) de Jean Frémon. Ao meu carón había mulleres...