Manuel Gago
Felipe González. EP

O éxito

É doado explicar o éxito literario unha vez producido, pero adoitamos facer o ridículo cando tentamos entender o fracaso. O elegante xornalista catalán Sergio Vila-Sanjuán é o autor dun curioso libro, Código Best Seller, no que tenta comprender as claves do funcionamento do éxito dalgúns dos libros máis vendidos da historia.

A constelación das lembranzas

Na cultura galega actual hai procesos fascinantes que pasan desapercibidos. Un deles é a fabricación de memorias-exprés para vellas comunidades locais en vías de desaparición.
Queen

O desafío do ritual

Seguimos a pensar inxenuos que os rituais son cousa de tempos pasados. E logo chega un velatorio algo serio e varre todas as nosas certezas. Cando lin o outro día a curiosa nova de que o apicultor real acudía ás colmeas a dar conta da morte da súa real propietaria Isabel II, metinme de contado nas miñas redes sociais e preguntei se a xente lembraba facer tal cousa en Galicia.
Manuel Murguía

Perdurar trala fervenza

Os debates sobre o celtismo adoecen da incapacidade de observar a complexidade do pasado e da herdanza cultural, pero tamén de imaxinar o futuro. Con frecuencia a xente pregúntame se os galegos somos celtas. Quédanme gañas de contestarlle con esoutra pregunta que cada vez me corto menos de facer: "Que me queres dicir?". Proben a facela con frecuencia en todos os ámbitos da vida: verán como o mundo se aclara e a existencia social faise máis doada.

A lingua dos deuses

É certo que a escrita adoita comezar cunha idea ou cunha historia, pero nunca arrinca de verdade ata que se atopa unha lingua.Unha das aventuras literarias máis emocionantes da nosa literatura contemporánea foi a escrita de A esmorga en Bos Aires por parte de Eduardo Blanco Amor. A viaxe do heroe durou moitos anos. Blanco Amor tiña a historia, pero carecía das palabras.
Patricia Highsmith. EP

O calibre da esperanza

"A Gran Novela Americana tratará sobre a traizón da esperanza americana. O magnífico de América ata hoxe é que o idealismo segue presente. América está madurando, vólvese máis cínica. Porén, non é basicamente cínica". Patricia Highsmith. Diarios y cuadernos 1941-1995.

O Reino Eterno de Galicia

Nos últimos anos volven as narrativas ao redor do Reino de Galicia e a súa relevancia no pasado. Non se trata só de saudosas olladas ao pasado. Aínda que non o calibremos, esta historia fálanos tamén sobre o presente
Gabriel Ferrater

Un mandala catalán

Queixámonos de que os mobiles e as redes sociais consumen toda a nosa atención emocional mentres lles dedicamos toda a nosa atención intelectual.

A resurrección

A identidade galega naceu como a auga; metíase por onde podía ou lle deixaban, e como consecuencia construiu un universo fragmentario con algúns espazos vizosos e outros insolitamente baleiros.
mapa

O Risk da avestruz

"A incerteza xoga un papel e forma parte da motivación do ‘downscrolling’, o desexo de comprender a natureza da ameaza: que probabilidade hai de que se produza, cales poderían ser as consecuencias, quen podería facerlle frente e quen podería axudar". James Tapper en The Guardian (06/03/2022)

Saber vestir ao emperador

"Ao verse anegada a vella Ponte Mourulle e a estrada, houbo quen pensou que ficaría borrada a presenza dos presos do franquismo que redimiran pena de prisión naquelas terras, pero a poboación da zona, así como os vestixios de ámbalas dúas obras, manterían viva a súa memoria". Uxío-Breogán Diéguez, Trabajos forzados en el franquismo o la pena como negocio. El caso de Ponte Mourulle (1942-1945). (2020)
gurs 1

Gurs

Acostumados a ver o horror como entretemento, nas pantallas ou no papel, non sabemos acollelo cando chega doutro lugar.

Latente coma un volcán

Na ficción e na vida, os motivos que damos para explicar as nosas decisións adoitan ser cortinas de fume que agachan verdades moito máis incómodas.

Soas no mundo

Carme Varela conta en As desterradas como a propiedade da terra, malia o seu descrédito, podía ser o último reduto da liberdade.

Pantasmas aleatorias

Novelas onde a intención é o que conta —ou o que non conta—. Aldeas que soñan unha paisaxe que xa non existe. Luces de casas que se prenden só cando as atravesan corzos e xabaríns.
táboa 3

Pastores de camiños

O verán é un convite para mirar o que non se advirte ou le durante todo o ano. Levamos un ano e pico aprendendo a mirar con máis detemento o que nos rodea, por mor do confinamento. Se cadra sexa o momento de pasar de mirar a coidar.