Manuel Gago
gago

Firme convicción

O NOVO LIBRO de Emilio Grandío deita unha ollada única sobre a tremoia británica de espionaxe na Península Ibérica durante a II Guerra Mundial. O historiador Emilio Grandío publica Hora Zero (Cátedra, 2021), un aditivo ensaio sobre a intelixencia británica en España durante a Segunda Guerra Mundial. E cando falo de aditivo refírome que se le como quen ve un bo...
A Bela Otero

A vida como espectáculo

Poucas biografías fascinan tanto como a da excesiva, vital e transgresora Bela Otero, un dos lumes da Belle Époque. Pero detrás da historia de escándalos, albíscanse indicios de que a vida que coñecemos era outra parte máis do traxe que vestía para saír aos escenarios.

A ficción da ficción

Aínda que non queiramos recoñecelo, a literatura galega perdeu hai tempo a súa condición de bandeira nacional. Aproveitemos ese alivio para conspirar desde as sombras.
Halfon

Un plan literario

Cando un ritual se esquece, convírtese nun estorbo que debe ser solucionado ou curado. Atravesamos en coche entre Agolada e Antas de Ulla. A xente míranos estrañada. Algún home quérenos avisar de algo, como cando levas a porta aberta do maleteiro.
Táboa

Pasar saudar

Se me quedo cun ritual do pasado, é co de parar a botar un parrafeo circunstancial alí onde podo dar e recibir afectos.
Reverte

Tempo de apandar

Na literatura, a imitación, cando non é copia, súfrese en silencio. Sempre é un negocio no que quen perde é o imitado

O que nos parece mal

Polo que vexo nas redes, a moita xente lle parecen mal os resultados da enquisa realizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega aos seus asociados sobre condicións profesionais. un dato chamativo parece explicalo TODO: a masiva dedicación profesional dos escritores en galego á docencia. Este é un feito incontestable e a enquisa só pon en números unha realidade que todos sabemos que é así. Pero o sorprendente é que a moita xente parece molestarlle esa preponderancia e atopa no dato a explicación do fracaso en lectores do sistema literario en lingua galega.

Dúas odiseas

En tempos de frío, un misto prendido é quen de confortarnos. Así acontece con libros e obras de teatro nas que a viaxe chega para sacarnos dun tempo no que non cultivamos nin memorias.
Suso de Toro

O método Blanco Amor

Houbo un tempo no que Blanco Amor, na madurez, decidiu converterse nun demiurgo léxico. Sabía que son as palabras as que rematan por determinar as historias. 
1061_1

O ciclo dos 100 anos

Imaxinemos que Galicia e Portugal fosen corpos celestes que, cada cen anos, achegan as súas órbitas. Propóñolles un xogo: ver de que xeito Galicia se proxecta no veciño do sur de cada vez, desde desexos clandestinos a intentos esnafrados

Estado de graza

Cando comezas a ter nostalxia do teu propio pasado? Cada ano que pasa, teño máis memoria dos mesmos acontecementos pasados e máis preguiza en recuperala, aínda que estea no fondo de moito do que escribo. Todo o tempo que miro para atrás deixo de observalo en diante.

Para que te metes

Ultimamente padezo do síndrome da oportunidade perdida. Moito do que leo e vexo paréceme cartucho malgastado, historias que merecían bastante máis do que se fai con elas. Xa non só é que os cartos para levalas adiante sexan limitados. É que comezo a pensar que tamén o son as ideas.

O bo inimigo

Volver a eses filmes bélicos das tardes dos domingos supón un fenómeno estraño. Aínda que coñezamos de memoria os escenarios da II Guerra Mundial, a quen non recoñecemos é o inimigo ao que vencen británicos e americanos.
.

O engano

A supervivencia de venerables revistas coma o Anuario Brigantino axudan a revelar as lagoas e problemas do sistema actual de publicación académica e científica para as pequenas culturas.

Nai serpe

O único xeito de mudar de estación de maneira digna é sacudindo os sentidos alí onde sexa posible. Aínda que sexa mudados en serpes atravesando un río subterráneo

Senlleiros

Nas fábulas antigas os animais sempre aparecen de maneira singular, como representantes dun clon universal. Son bichos solitarios. Pero cando a literatura tenta facer o mesmo, o resultado pode ser exasperante
Juventudes Hitlerianas

Literatura por defecto

En que medida o escritor pode escapar do seu tempo e da súa época ► Máis que un termómetro, a literatura é un barómetro que dá conta das altas e baixas presións dunha sociedade

O mundo máis alá do visible

Un vello ordenador dormita na miña sala de estar. Aínda non sei que facer con el, en que armario, trasteiro ou casa gardalo por outras tres décadas. Sei que en como en cada rapaz da miña xeración, nel radica boa parte do que eu son.
The Waylanders

Verdade de videoxogo

Seica cando vai máis calor é cando se mercan os ordenadores con mellores tarxetas gráficas e memoria ram. Como se a apertura do mundo ao bo tempo incitara a explorar territorios dixitais que agachan tantas verdades que non se dan abranguido
café

Admiración

Choramos pola perda dos cafés, pero xa non temos tempo para ir a eles. Máis nos valía tentar salvar os mobles que marchan no camión das últimas mudanzas do século XX.

O filtro apocalíptico

A agonía é un proceso participado e colaborativo. Ás veces non nos decatamos de que, coma no meme dos africanos que bailan co cadaleito, nós tamén queremos botarlle uns pasos co cadáver ao ombreiro
Táboa

Arquivos da nada

Nos vindeiros anos asistiremos á progresiva desaparición do legado creativo dun rapaz brillante: Esteban Yáñez. Segundo creben as empresas de internet e as súas cabeceiras dixitais, perderemos gradualmente receitas, cancións, frases brillantes e vídeos delirantes. E non será estraño: cando máis capacidade temos de preservar a cultura, máis temos a sensación de que a perdemos para o futuro.
Grosse Freiheit Nr. 7

O que nós non sabemos

Como non podo percorrer os camiños do país, emprego o confinamento en aventuras perigosas e tamén inesperadas, como explorar o cine producido durante na II Guerra Mundial na Alemaña nazi e na Francia de Vichy
Barreras

Galicia sempre desaparece

Observo a colección fotográfica de Ruth Matilda Anderson e o delicioso masaxe mental que fai nas nosas cabezas. E decátome: adoramos ver estampas desaparecidas do país, pero, sobre todo, adoramos Galicia como unha desaparición perpetua.

Tres confinamientos

Apenas estamos ao principio do que será un periodo único nas nosas vidas, aínda que non sabemos canto de único. Bótolle unha ollada a tres confinamentos que son, á súa vez, tres modos de afrontar a reclusión e os seus efectos sobre a memoria, o pasado e a identidade