sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo
Voadora

Voadora a campo aberto

A compañía galega Voadora, referencia da escena actual, pon a disposición do público as súas últimas obras. Dende a solidaridade destes días de confinamento e do compromiso coa cultura, temos a oportunidade de revisar a audacia da súa proposta

O segredo dunha escrita

Un título xa clásico da literatura, O amante de Marguerite Duras é a nova incorporación da editorial Kalandraka ao seu catálogo. Aparece dentro da colección Faktoría K Narrativa, na que se pasan ao galego textos que son unha referencia da literatura mundial, fornecendo con eles o noso sistema literario

Cartas fosforecentes

Falar de cartas é facelo de antigos xeitos de comunicación. Palabras desterradas dese proceso pola ditadura das tecnoloxías. É por iso que atopar un monllo de cartas reunidas no libro Fosforescencias de Lupe Gómez é unha emoción que nos leva a botar de menos aquelas caricias.

A tortura do silencio

Tantos anos de silencio, a nova novela de Francisco Castro, converte o silencio no protagonista de dúas situacións nas que a violencia e a barbarie están presentes en tempos e situacións aparentemente afastadas entre si, pero que responden a motivos semellantes.
Ricardo Carvalho Calero

O anxo da terra

No ano que lle adica a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas comezan a saír á luz obras que se achegan a Ricardo Carvalho Calero. A proposta de Henrique Rabuñal é unha completa panorámica vital e dun intenso traballo a prol da lingua.

#hashtags, territorio e poesía

A poesía sempre foi útil para tentar descifrar cada un dos tempos nos que se desenvolveu. Arancha Nogueira fai tamén da súa un elo coa realidade para, dende o abeizoado risco formal, propor unha mirada ao noso territorio como xénese dunha poesía de denuncia e berro da actitude humana

Son eu, Laxeiro

Dezaoito autorretratos permítennos comprobar cómo se vía a si mesmo Laxeiro, pero tamén cómo a pintura plantexaba, ao longo do tempo, un conflito en canto as súas posibilidades de representación. A mostra atópase enxerida na Colección Permanente da súa Fundación en Vigo.

Mallo/Seoane vía Bos Aires

Dúas das nosas figuras da plástica máis sobranceiras compartiron territorio físico tras a súa fuxida de Galicia pola sublevación militar do 36 en Bos Aires. Alí, nun ambiente cultural cheo de inspiracións, xeraron unha serie de obras que hoxe se mesturan na recuperación daquel tempo.

Espellos de papel

A obra do cántabro Eduardo Gruber convócanos no Marco a presenciar dúas series de debuxos que nos levan a traspasar unha sorte de espello co que achegarnos a outras vidas. Vidas que enchen de posibilidades o azar, a palabra e diferentes escenarios personais

O tesouro da inocencia

A historia dun hipopótamo de nome Amani, (Pacífico) é o relato do diferente, daquel que, polo seu carácter, se move segundo uns patróns propios e distintos os do resto da sociedade. Unha intelixente reivindicación dende o mundo da ilustración da man de Miguelanxo Prado.

Un voo en círculos

Manuel Forcadela achéganos a súa poesía en Fábula das aves un engaiolante tránsito entre as luces e as sombras da poesía cun ancoradoiro en sobranceiras referencias da cultura pero tamén cun voo de longas miras sobre a experiencia do creador e o feito da palabra.
Candosa

O desafío da noite

Luz que nunca se apaga é a mostra que acolle o Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense coa pintura de Juan Rivas. Un reto como é o de pintar a noite, alí onde non hai luz e onde o pintor ten que multiplicar as súas posibilidades para facernos ver na escuridade.
Leopoldo Nóvoa (XURXO LOBATO)

Luz na cinza

O 17 de decembro de 1919 nacía en Salcedo (Pontevedra) Leopoldo Nóvoa, o pintor que se rexenerou a si mesmi e a súa obra tras o incendio que arrasou en 1979 o seu estudo de París. Antes diso, dende o Cono Sur, forxou unha traxectoria en plena discusión da arte, que se viu reforzada tras ese lume que asombreceu unha pintura que remataría sendo luminosa polo que tivo de expiación do ser humano.

Esencia poética

Agosto o novo poemario de Míriam Ferradáns, editado por Apiario, convértese nun sutil canto á ausencia, un sobrecolledor pétalo literario que pola súa brevidade convértese nun intenso percorrido fronte o que supón a perda.

Paula Rego. Berro, imaxinación e poesía

A gran pintora portuguesa, unha das máis relevantes da plástica internacional, enche a Casa de Serralves cunha obra que define a súa traxectoria creativa dende os anos 70. Tamén, xunto ao poeta Joan Margarit, comparte protagonismo nun libro titulado Una mujer mayor
Guadi Galego

O babel musical de Guadi Galego

Guadi Galego arrinca unha xira de concertos que lle dá corpo ao novo disco, Immersión. Unha torre de Babel de sons e linguas que revisa algúns dos seus temas esenciais, tomando novas dimensións grazas a ese acubillo lingüístico e á maridaxe con outras voces
PARTERRES II de Christian Villamide

Paisaxes alteradas

A relación artística de Christian Villamide coa paisaxe é unha das máis intensas e interesantes da plástica galega. Unha transformación da contorna que nos leva a reflexionar sobre o seu papel no noso tempo, sen perder o fío dunha longa tradición creativa entre arte e paisaxe
torneiro

No pasamento dun poeta

Coa morte de Manuel Álvarez Torneiro as letras galegas perden un dos seus maiores poetas. O seu xeito avelaíño á hora da escrita permitía ao lector sentir o agarimo da palabra, ao tempo que a súa obra tiña un fondo ancoradoiro no ser humano e na cultura como táboa de redención

Un roteiro polo bosque de Leiro

A obra do cambadés Francisco Leiro chega de novo a Madrid para amosar un dos universos máis singulares da escultura actual. La Principal de Tabacalera, en Madrid, acolle case un centenar de obras entre esculturas e debuxos que nos levan a unha chea de enerxías e inspiracións galegas

Os 'Manifestos' de Almada Negreiros

La Umbría y La Solana é unha editorial independente que acolle no seu catálogo unha selección de textos da literatura portuguesa. Tan preto, pero as veces tan lonxe, a vizosa literatura lusa ten aquí unha xanela á que asomarnos á escrita de hoxe pero tamén a de tempo atrás
Jean Seberg. EP

Pinturas de guerra

Ángel de la Calle propón unha intensa novela gráfica na que, arredor da procura de documentación sobre a actriz Jean Seberg, artéllase unha paisaxe humana, política e histórica de feitos que tensionaron á sociedade das décadas centrais do século XX

Sementeira de retratos

Un proxecto de fotografía e poesía acubillado na emigración galega en Basilea enfróntanos á nosa memoria como país que fixo desta situación un fío vital. Manuel Álvarez e Manuel Rivas propoñen unha emocionante achega a rostros e palabras que falan de nós
 

Lisboa en palabras

Lisboa é un excelente destino turístico non só dende a experiencia da viaxe física, senón tamén dende o universo literario. Tres novelas lévannos a percorrer as rúas da capital lusa cunha forza suficiente para sentir que un se atopa fronte a mesma desembocadura do Tejo
Pilar García Rego

O equilibrio da luz

Sandalias verdes de Pilar García Rego é un valente poemario no que a autora deixa ao aire as feridas que o tempo, inevitabelmente, deixa en todos nós. Un laio que se converte en alento fronte ao recordo, pero tamén nunha necesaria redención que só a escrita é quen de acadar.

Antoni Tàpies

Destacadísimos no Marco

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo arrinca unha nova etapa, e o fai dende a base, amosando o traballo dos que ao longo do século XX foron contemporáneos e estableceron os alicerces de moitos dos discursos creativos que chegan ata os nosos días.

de par en par

Amor entre iguais

Os rastros, os mercados de antiguedades, as tendas de vello ou as plataformas dixitais foron nutrindo a espléndida colección de fotografía antiga de Xose M. Buxán Bran, que amosa agora unha parte vencellada ao carácter homosexual de moitas imaxes como reivindicación dos retratados.

Rafael Dieste

Rafael Dieste, dende a fiestra

O escritor Luís Rei redimensiona a figura de Rafael Dieste nesta biografía, Rafael Dieste. O libre pensamento (Xerais), que se converte nun percorrido por diferentes momentos, xeografías e compañas que amosan a transversalidade dun pensar centrado no ser humano e no interese por todo o que lle afecta por enriba de calquera veleidade

Tierra de mujeres. EP

Una luz en la oscuridad

Tierra de mujeres (Seix Barral) de María Sánchez se ha convertido en el fenómeno editorial de la temporada. Un libro que nos ilumina sobre la situación del rural y el papel de la mujer en su interior. Un relato cargado de intimidad que nos sitúa frente al olvido de una realidad

Táboa

¡Artistas unidos!

Cien años atrás cuatro de las más grandes estrellas de la Historia del Cine: Charles Chaplin, Douglas Fairbanks, Mary Pickford y David Wark Griffith le plantearon un pulso desde la libertad creativa a las grandes productoras del primitivo Hollywood. Era el año 1919 cuando el mundo de las estrellas del cine se debatía entre seguir las imposiciones de los poderosos estudios o apostar por su independencia. El resultado fue una impetuosa y romántica iniciativa bajo el título de United Artists.

Un corpo. Un continente

Transmatria, é o XXI Premio Johán Carballeira de Poesía, pero tamén un afouto percorrido polo corpo como espazo de resistencia, tamén como berro para definir unha identidade íntima que xorde da terra e do que nos rodea e que adoita domesticarnos sen apenas facerlle fronte