A colocación dos novos sinais de limitación de velocidade a 90 quilómetros por hora xa comezou nas estradas convencionais de Galicia.
As novas indicacións substituirán ás de 100 quilómetros por hora, tal e como se acordou por real decreto no Consello de Ministros do pasado 28 de decembro que reforma o Regulamento Xeral de Circulación. Así reducirase a 90 km/h a velocidade máxima para todas as estradas convencionais coa única excepción daquelas que consten dunha separación física entre ambos os sentidos de circulación.