As galegas secundan masivamente a folga

Miles de mulleres secundaron en Galicia a que é a segunda folga feminista convocada polo día internacional da muller, este 8 de marzo. Un ano máis, o paro notouse en dous sectores con ampla presenza feminina: o das conservas e o téxtil. 

Na comarca do Salnés a folga foi secundada nas conserveiras Thenaisie Provote (O Grove) e Perez La Fuente (Vilanova de Arousa), cun 100% de seguimento, segundo os datos da central nacionalista CIG. 

Noutras empresas como Serpeixe, Roma, Friscos, Cefrico, Antulo e Isabel, a incidencia foi, segundo sinala, "tamén bastante importante". 

Mentres, en Pull&Bear nesta comarca o paro de mulleres é "total", e en Bershka ten un seguimento "moi elevado" de acordo cos datos que manexa a CIG. 

En Ourense a folga está a ter "especial repercusión", segundo a organización, nas tendas do grupo Inditex e en Desigual, e en Lugo está a facerse notar "con especial incidencia" no centro comercial As Termas, con "elevado seguimento" entre as traballadoras do Eroski non cooperativistas e a tenda de Lefties pechada. En Carrefour, segundo as súas cifras, o 40% das traballadoras non entrou a traballar. 

En Padrón, o 100% das traballadoras de Cortizo secundan a folga e no Barbanza o paro ten "especial relevancia" nas conserveiras Frinsa e Escurís e na empresa de conxelados López Soto.
 
Igualmente, as tendas de Oysho do centro comercial Marineda City e Catro Camiños permanecen pechadas, como as de Stradivarius de Marineda e Praza de Lugo, na Coruña. 

En Santiago foron á folga "máis do 60% das traballadoras das tendas de Inditex do centro comercial As Cancelas, segundo os números da central, de maneira similar ás de Oysho e Stradivarius do centro.
 
En cadeas de supermercados como Alcampo e Froiz de Vigo tamén está a ter "un gran impacto" a folga e a CIG chama a atención sobre o caso de Allariz (Ourense), que amenceu "coa práctica totalidade dos centros de traballo e locais comerciais pechados". 
Todo isto sumar ao "elevado" impacto que, de acordo coa súa información, tivo a convocatoria en sectores como a sanidade, a educación, os servizos sociais, os transportes e a industria. 

UXT E CC.OO. Pola súa banda, UXT e CC.OO., nun comunicado conxunto, congratulouse do "éxito" da folga, cun seguimento "masivo especialmente" en grandes empresas e administracións públicas. 

Valora tamén que "non houbo incidencias subrayables" e agradece o "apoio maioritario" da sociedade galega, como "proba de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, son tamén maioritarias entre os galegos". 

Comentarios