Abanca entrega ao Sergas sete equipos para monotorizar pacientes pola Covid-19 

O material facilita o seguimento simultáneo, individualizado e continuo de ata 1.200 persoas.
Uno de los equipos de montorización. EFE
photo_camera Un dos equipos de para monotorizar pacientes. EFE

Abanca adquiriu para o Sergas sete equipos "de última tecnoloxía" para monotorizar pacientes pola covid-19. O material facilita o seguimento simultáneo, individualizado e continuo de ata 1.200 persoas. 

A través dunha nota de prensa, a entidade financeira reivindica o "reforzo" do sistema sanitario público galego "desde o inicio da pandemia", con máis de 500 equipos "de altas prestacións" como unidades de coidados intensivos e lectores clínicos para realizar test, entre outros. 

Os sete equipos que agora comprou diríxense a xestionar "dun xeito máis eficiente" o eventual incremento de pacientes nos hospitais galegos, segundo explica. Asegura que a compra foi "acordada co Sergas" e que responde as necesidades do sistema sanitario. 

En concreto, a monotorización central permite, segundo a entidade, "seguir e documentar indicios de deterioración de xeito máis óptima", e reduce o risco de proporcionar exceso de osíxeno e de xerar falsas alarmas de arritmia. 

Cada central que se instala leva asociada dous estacións de traballo, a través das que os servizos médicos operan os datos da central. 

As estacións poden ser colocadas en puntos distintos dos hospitais e foron instaladas no Álvaro Cunqueiro de Vigo, no Hula de Lugo, no Arquitecto Marcide de Ferrol, en Pontevedra e no Barbanza. Segundo apunta Abanca, entrarán en funcionamento "nos próximos días" na Coruña e na Mariña. 

Comentarios