Imprimir

Abanca mantén os patrocinios no deporte a pesar de non haber competición

Efe | 03 de abril de 2020

Logotipo de Abanca. AEP
Logotipo de Abanca. AEP
Ten acordos co Depor, o Celta, o CD Lugo, o Breogán ou o Obradoiro

A entidade financeira Abanca confirmou que mantén os seus patrocinios en deporte base e profesional a pesar da suspensión das competicións polo coronavirus. O banco explica nun comunicado que abonará aos clubs deportivos cos que mantén acordos, entre eles o CD Lugo e o Breogán, o importe completo correspondente á presente tempada.

A decisión de Abanca "ten por obxectivo contribuír a proporcionar aos clubs un marco de estabilidade orzamentaria que lles permita dar continuidade ao seu proxecto deportivo e manter o emprego".

A entidade é patrocinadora dos principais equipos galegos de fútbol masculino e feminino (RC Celta de Vigo, RC Deportivo da Coruña e CD Lugo) e de baloncesto (Obradoiro CAB Santiago, CB Breogán Lugo), así como do Club Balonmán Ademar León.

Ademais, colabora coa Fundación Deporte Galego no Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia, un programa polo que proporciona apoio a 181 clubs de 34 disciplinas deportivas, cun total de 1.749 equipos e 14.500 deportistas.

Abanca comprometeuse a que "todos estes clubs recibirán nas datas previstas as cantidades estipuladas nos acordos de patrocinio que manteñen" con ela.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-general/abanca-manten-patrocinios-deporte-pesar-non-haber-competicion/20200403175343076037.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)