Opinión

Abuso dos delitos de odio

ODIAR É un sentimento. Reprobable, si; pero de aí a que sexa delito dista o abismo de simple aversión cara algo a que a conduta incite á comisión de actos de violencia contra grupos discriminados. Discriminados, aí está a chave. Nestes colectivos poderían estar desde as mulleres (vítimas da desigualdade por marxinadas nos soldos, a parte de sufrir como tales violencia de xénero), ata homosexuais, pasando por etnias de poucos membros ou relixións minoritarias. Aquí desde logo non entraría a católica, pois non sei quen a pode ver discriminada en España. Nin os corpos de seguridade, pois discriminados non están. Nin tampouco os españois, por moito que a Fiscalía poida buscar resquicios para acusar de delito a quen amose odio aos cidadáns que aquí habitan. Abúsase desta figura legal, pois se axuizamos sen máis a quen odie, podiamos acabar todos na cadea. Pero o delito é outra cousa.

Comentarios