Acepta ano e medio de cárcere pola agresión a Álex Casademunt nunha discoteca de Vigo

A Fiscalía considera que o 'triunfito' comenzou a lea e tamén o condena por un delito leve de lesións e 250 de indemnización

Alex Casademunt, tras la agresión. EP
photo_camera Alex Casademunt, tras la agresión. EP

O vigués que agrediu cun vaso ao triunfito Álex Casademunt nunha discoteca da cidade olívica en xaneiro de 2017 aceptou unha condena de ano e medio de cárcere e o pago dunha indemnización de 15.000 euros ao cantante. 

O xulgado do Penal número 2 de Vigo celebrou unha vista de conformidade á que acudiu Casademunt, que tamén foi condenado por un delito leve de lesións polo que tenrá que abonar 250 euros ao mozo vigués e 810 euros de multa. 

A Fiscalía acabou rebaixando a pena inicial de cinco anos de prisión que solicitaba para o home que lle lanzou un vaso ao artista, o que lle provocou importantes feridas na cara. 

Con todo, considera causante da pelexa a Casademunt, que lle propinou un puñetazo ao mozo vigués cando este lle recriminou que estaba a molestar a unha amiga. A resposta do agredido polo cantante foi lanzarlle un vaso, polo que se considera que actuou en defensa propia.

Comentarios