Achan o cadáver dun home que faltaba desde este venres en Cangas

O home saíu a dar unha volta en bicicleta e non regresou ao seu domicilio ► O corpo apareceu nunha pista forestal

Un home que desapareceu a tarde deste venres en Cangas foi atopado sen vida nunha pista forestal do lugar de Donón, na parroquía do Hío. 

Segundo indicaron efectivos de Protección Civil de Cangas, o achado do cadáver produciuse ás 3.50 horas deste sábado.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición do home ao fío da medianoite, a través da alerta dun familiar do home, que sinalaba que o home había saido a dar un paseo en bicicleta ás 19.30 horas e non regresara.

A partir do aviso, a central de urxencias puxo os feitos en coñecemento do 061, Protección Civil e a Garda Civil.