Unha froiteira de A Coruña foi vítima dunha agresión por parte dun home ofendido porque vendía mercancía catalá.
O caso, recollido por varios medios, como Radio Galega, ocorreu este martes nunha tenda da rúa Marqués de Pontejos. O home, duns 70 anos, entrou ata o almacén, onde se atopaba a froiteira, e esixiulle retirar unhas peras procedentes de Lleida. A orixe do produto estaba perfectamente identificada xunto á mercancía, como así indica a normativa.
A muller denuncia que o seu agresor pretendía que deixase de vender as peras. A discusión, segundo a súa versión, deveu nunha agresión: o home propinoulle varias puñadas e arrebatoulle o móbil cando ela tratou de sacarlle unha fotografía.
Finalmente, unha persoa que pasaba pola rúa socorreuna. Segundo informa a Radio Galega, a Policía trata de localizar o agresor.