Ana Julia sopesou envenenar a Gabriel e creou un boneco de vudú coa súa cara

Os investigadores atoparon no seu ordenador material que fora borrado

Ana Julia Quezada. CARLOS BARBA (EFE)
photo_camera Ana Julia Quezada. CARLOS BARBA (EFE)

A Garda Civil atopou no ordenador de Ana Julia Quezada, asasina confesa do neno Gabriel Cruz, información sobre plantas venenosas e un boneco de vudú coa cara do pequeno. 

Segundo unha exclusiva achegada por Antena 3 Noticias, Quezada eliminou dito material do historial de procura do seu computador, pero os investigadores puideron recuperalo.

Estas novas achegas ao caso apuntan a que a dominicana premeditaría o crime e que barallou envenenar ao pequeno, de oito anos de idade.