Arias dimite como presidente da CEG pola falta de "lealdade" dunha parte da patronal

Deixa o cargo para non ser un "obstáculo" na reforma dos estatutos

Arias, na rolda de prensa. VERÓNICA NÚÑEZ (EFE)
photo_camera Arias, este xoves na rolda de prensa. VERÓNICA NÚÑEZ (EFE)

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias, presentou a súa dimisión case un ano despois de ser elixido. Afirma que adoptou a decisión pola falta de "lealdade" dunha parte da organización.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, Arias defendeu que deixa o cargo para non ser un "obstáculo" na reforma dos estatutos, co obxectivo de que se poida alcanzar a gobernabilidade da patronal.

O empresario coruñés contou no seu día cos apoios das confederacións da Coruña e Lugo e coa oposición das de Pontevedra e Ourense, que consideraron que a súa proposta rompía cun pacto que pretendía acordar un nome para o cargo. Con todo, entón Arias xustificou a súa candidatura coa urxencia da organización para contar cunha presidencia que trouxese a estabilidade.