Arnoia abafa a 39,5 graos, a máxima en Galicia

A zona do Miño en Ourense está en alerta amarela por altas temperaturas

Un home refréscase nunha ducha instalada na praia fluvial da Antena de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un home refréscase nunha ducha instalada na praia fluvial da Antena de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

A localidade ourensá de Arnoia alcanzou, con 39,5 graos, a máxima temperatura en Galicia deste mércores 22 de agosto no que a zona do Miño en Ourense está en alerta amarela ante a previsión de que se superen os 36 graos. 

Segundo os datos recollidos por Meteogalicia, foi ás 16.30 horas cando se alcanzaron os 39,5 graos na zona de Remuíño en Arnoia. A continuación, situáronse Leiro, tamén en Ourense, con 38,4 graos; a propia cidade de Ourense, con 38,1 e Castrelo de Miño, con 37,2. 

A alerta amarela desactívase ás 21.00 horas, coa previsión meteorolóxica de que o xoves descendan as temperaturas máximas en toda Galicia.