A Asociación da Memoria Histórica compra o dominio de 'Franco.es'

Era propiedade dun norteamericano co que se estableceu unha poxa para negociar o seu prezo ►Será empregado para denunciar os crimes da ditadura
 

Francisco Franco. ARCHIVO
photo_camera Francisco Franco. ARCHIVO

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) adquiriu o dominio 'www.franco.es' co obxectivo de convertelo nunha web para a denuncia dos crimes da ditadura franquista.

O dominio era propiedade dun cidadán norteamericano co que a asociación estableceu unha poxa para negociar o seu prezo, segundo explicou a ARMH este luns nun comunicado.

Polo momento a páxina conta cunha imaxe composta por múltiples fotografías que teñen que ver con crimes da ditadura e coa etapa do franquismo, ata que se decida mediante unha consulta entre os asociados cal será o destino que se lle dá ao dominio.

Comentarios