A Asociación de Profesores de Música de Galicia denuncia irregularidades nas oposicións

Sinalan diversas irregularidades e apuntan que todos os seleccionados forman parte do mesmo colectivo musical
Oposiciones del Sergas. AEP
photo_camera Oposicións. AEP

Varios opositores que participaron nos procesos selectivos ao corpo de profesores de linguaxe musical presentaron unha denuncia a través da Asociación de profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia (Apmaegal) sinalando distintas irregularidades ocorridas durante os exames. Como exemplo destas anomalías sinalan que os sobres non estaban debidamente pechados e que as aulas non estaban correctamente vixiadas, como é habitual neste tipo de procesos.

Desde a Apmaegal, denuncian tamén que ningún dos interinos superou a parte práctica destes exames e que todos os seleccionados forman parte do mesmo colectivo musical, que, segundo a asociación, traballan cun dos vogais que estaba na proba. Os afectados puxeron por escrito unha reclamación para que se suspenda a validez destes exames e enviárona á Xunta.

Comentarios