Opinión

Avances só no papel do Congreso de Economía

Case un século despois de que se celebrara en Lugo o Congreso de Economía de Galicia hai lóxicas reclamacións daquela que non se cumpriron. Avanzouse no turismo e nas enerxías renovables, incluso se creou un organismo para a mellora vitícola, como se requiría en 1925, pero non se completou unha rede de infraestruturas vertebradora da comunidade, e iso que oportunidades houbo e recursos no seu momento tamén, se ben optouse por un deseño para satisfacer intereses localistas en contra dos xerais que fixeran realmente de Galicia unha cidade única. Os relatores de hai 95 anos abordaban Galicia dun xeito integral, algo que nin sequera se fai agora no Parlamento co que nos dotamos en 1981. Celébrase mañá en Lugo o aniversario daquel congreso de referencia, chamouse primeiro pero lamentablemente foi o único, unha tormenta de ideas que non tivo a continuidade que debería e que de cando en vez se recorda pero sen sacarlle rendibilidade.

Comentarios