Un axente resulta ferido ao perseguir un menor que roubou nun instituto de Redondela

O mozo sustraera gran cantidade de efectos como discos duros, vídeo-consolas, prismáticos, cámaras de fotos, mp3, e artigos de decoración 

Avenida de Vigo, en Redondela. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida de Vigo, en Redondela. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional detivo un menor de 16 anos cando intentaba fuxir tras cometer un roubo nun instituto de Redondela.

Un particular informaba á policía en torno ás 04:00 horas da pasada madrugada de que acababa de ver a unha persoa en actitude sospeitosa á beira do instituto de Redondela.

Unha dotación próxima dirixiuse ao lugar e realizou unha comprobación das rúas colindantes, observando a un mozo que abandonaba o centro con varias bolsas e mochilas ás costas.

Os axentes dirixíronse cara a el e identificáronse como policías, momento en que este mozo botou ás presas en dirección cara á Avenida de Vigo.

Un deles deulle alcance e tras un forcexo ambos caeron ao chan, e que tivo como consecuencia que o axente fracturase un pulso e o nariz, así como erosións e cortes en fronte e pómulos.

Outro policía que o perseguía a poucos metros inmobilizou ao fuxido e identificouno, á vez que comprobaba que dentro da mochila e bolsas había gran cantidade de efectos, tales como discos duros, vídeo-consolas, prismáticos, cámara de fotos, mp3, e artigos de decoración ou bisutería. 

Comentarios