Bailaríns vigueses triunfan en 'Got Talent' coa súa reinterpretación da 'Muiñeira de Chantada'

A actuación fascinou a público e xurado

O grupo de baile vigués Media Punta. TELECINCO
photo_camera O grupo de baile vigués Media Punta. TELECINCO

A escola de baile Media Punta de Vigo deixou este luns ao público e ao xurado de Got Talent coa boca aberta cunha reinterpretación da Muiñeira de Chantada en forma de coreografía.

Paz Padilla recoñeceu que a súa actuación conseguiu transportala ata Galicia: "Vin os acantilados e escoitei ata as gaivotas", apuntou a presentadora. 

Tamén Risto Mejide dedicou unhas bonitas palabras ao grupo: "Coa vosa actuación, cargástesvos seguramente moitos estereotipos. Trouxestes moita alegría, moitísima luz e moitísima Galicia. Con todo, o publicista deulles un non: "A vosa mensaxe xa chegou ata onde tiña que chegar", declarou.

A actuación logrou tres síes do xurado, polo que Media Punta continúan no concurso.

Comentarios