Un barco da Armada rescata da auga unha persoa en apertos en Marín

Atopábase en dificultades entre as praias de Aguete e dos Namorados

Finalmente non foi necesaria a intervención do Pesca 1. TWITTER
photo_camera Finalmente non foi necesaria a intervención do Pesca 1. TWITTER

Os servizos de urxencias despregáronse este domingo en Marín para socorrer unha persoa que se atopaba en dificultades entre as praias de Aguete e dos Namorados. A alarma saltou moi preto das 16.30 horas. Foi entón cando un particular chamou o 112 Galicia para pedir axuda.

Deseguido activouse un operativo no que foron mobilizados o Servizo Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo. O helicóptero Pesca 1 desprazouse ata o lugar, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención.

Tamén foron avisados o 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Nacional e Protección Civil de Marín, que informaron de que a pesona fora rescatada por unha embarcación da Armada Española que se atopaba na zona.

Comentarios