Imprimir

Beneficiados dunha moción imposible

Tito Diéguez |

Tito Diéguez | 21 de octubre de 2020

AS MOCIÓNS de censura ou prosperan ou soen volverse en contra dos que as subscriben. En 40 anos nas catro anteriores só unha triunfou no Congreso, a que levou a Sánchez á presidencia do Goberno; as tres restantes non beneficiaron aos candidatos: González contra Suárez, Mancha contra González e Iglesias contra Rajoy.

Desta volta a de Abascal contra Sánchez só pode favorecer a quen teoricamente é atacado, pois facilítalle unha plataforma argumentaria e translucirá un resultado inmensamente benévolo. Pero esa non é a guerra do aspirante radical, senón a que libra por liderar a dereita aproveitando a febleza do PP, cun presidente cuestionado internamente e un discurso entre a moderación e o extremismo que reflicte inconsistencia. A forte estrutura territorial popular resiste ante o embate ultradereitista, polo menos ata agora, pero Vox con esta moción pretende máis achicar o seu socio que barrenar o Goberno, que nesta lexislatura sabe imposible.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/beneficiados-dunha-mocion-imposible/20201021134215086192.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)