Imprimir

A Biblia Kennicott, obra mestra da ilustración medieval, xa está no Gaiás

Europa Press | 02 de noviembre de 2019

La Biblia Kennicott, en el Gaiás. EP
La Biblia Kennicott, en el Gaiás. EP
A peza será exhibida en Galicia "cincocentos anos despois do exilio dos seus propietarios", sinala a Xunta

O Museo Gaiás conta xa nas súas instalacións coa Biblia Kennicott, unha das xoias da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo e que foi creada na Coruña no século XV. 

Esta obra, custodiada nas Bibliotecas Bodlein da Universidade de Oxford, representa a proba máis importante da presenza xudía en Galicia na Baixa Idade Media e formará parte da mostra Galicia, un relato no mundo. 

A peza será exhibida neste país "cincocentos anos despois do exilio dos seus propietarios", sinala a Xunta nun comunicado, unha importante familia de comerciantes coruñeses que se viron obrigados a marchar trala implantación do decreto de expulsión dos xudeus promulgado polos Reis Católicos en 1492. 

Esta mesma semana foron instaladas outras dúas obras procedentes do Reino Unido e que formarán parte desta exposición. En concreto, a novela de cabalaría Pontus e Sidonia, ambientada en Galicia, Bretaña, e Inglaterra, e o Mapa Sawley, considerado como un dos máis antigos conservados e que representaba a Catedral de Santiago no século XII como o edificio máis importante de Europea. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/biblia-kennicott-obra-mestra-da-ilustracion-medieval-xa-atopa-museo-gaias/20191102135657067901.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)