Imprimir

Bimba, xorda e branca

Héctor Cobo |

Galiciae | 31 de marzo de 2020

 

A última vez que aplaudín foi a Marcos Llorente e só por iso merezo apodrecer no inferno. Non respondín a ningunha das convocatorias para saír ao balcón. Talvez inflúa que non teño balcón. E que viva nunha rúa estreita e case sen veciños. Ás veces, ás oito, escoito pandeiretas ao lonxe. Non sei se é a morte chamando por min ou un tributo aos sanitarios. Cando fico na casa, a única compaña é a de Bimba, a gata da veciña, que gabea polo muro da terraza na procura de paxaros. Bimba é xorda e branca e non escoita as pandeiretas. Por xorda, non por branca. Por gata, e non por xorda, tampouco sabe do coronavirus. Semella feliz. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/hector-cobo/bimba-xorda-e-branca/20200331082728075821.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)