O bo tempo resístese a quedar: este sábado volve a choiva

As precipitacións serán xeneralizadas pola noite
Volve a choiva. EP
photo_camera Volve a choiva. EP

Unha fronte fría irase achegando a Galicia durante este sábado. Con esta situación, espéranse ceos con máis nubes canto máis ao oeste, onde incluso haberá posibilidade de choivas.

Xa pola noite a fronte irá afectando progresivamente ao resto de Galicia, deixando choivas xeneralizadas, aínda que menos probables no sueste.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, e as máximas sufrirán un moderado descenso no oeste, mentres que quedarán sen cambios ou incluso ascenderán no leste.

Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes entre Bares e Fisterra, frouxos con intervalos de moderado no resto.

As temperaturas extremas previstas nas cidades son as seguintes:

A Coruña 18° 27°

Ferrol 18° 25°

Lugo 14° 27°

Ourense 15° 30°

Pontevedra 16° 25°

Vigo 18° 25°

Santiago de Compostela 17° 21°.

Comentarios