O bo tempo volve a Galicia

Este domingo a fronte retirarase á primeira hora polo sueste de Galicia e a Comunidade quedará así en transición cara a influencia das altas presións.

Así se espera unha mañá de ceos con intervalos nubrados con chuvascos pola mañá, que serán máis probables canto máis ao sueste.

Pola tarde, os ceos tenderán a abrir claros quedando máis despexados na franxa atlántica. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un descenso, máis acusado as provincias da Coruña e Pontevedra.

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados en Rías Baixas.
Temperaturas extremas previstas nas cidades:

A Coruña 20° 22°

Ferrol 19° 22°

Lugo 16° 24°

Ourense 18° 30°

Pontevedra 19° 26°

Vigo 19° 25°

Santiago de Compostela 18° 23°. EFE
am
|Q:MET:é-é:17000000:Meteoroloxía| 
|K:CYT:CIENCIA-TECNOLOXIA,METEOROLOXIA|
08/17/18-07/19

Comentarios