A borrasca Jorge trae choiva e ventos de máis de 100 quilómetros por hora

O litoral de Lugo e A Coruña estarán en alerta laranxa este sábado
Lluvia en Santiago. PEPE FERRÍN
photo_camera Lluvia en Santiago. PEPE FERRÍN

O tempo primaveral dos últimos de días truncarase durante a madrugada do sábado coa chegada dunha fronte fría asociada á borrasca atlántica Jorge. Desta forma regresarán as choivas, os ventos fortes e as temperaturas máis acordes ás datas actuais, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

De feito, segundo Meteogalicia, o litoral de Lugo e A Coruña estarán este sábado en alerta laranxa por ventos de máis de 100 quilómetros por hora en terra e de forza oito no mar. No resto de Galicia tamén imperará o aviso de nivel amarelo por ventos de ata 80 quilómetros por hora.

O portavoz da Aemet, Fernando García, indicou que coa chegada da fronte fría asociado á borrasca Jorge, situada ao nordés de Irlanda, rompe coa "tónica xeral de febreiro e irrompe de novo o inverno". 

Así, prevé que, tras un mes de febreiro canto menos "seco e cálido", marzo chegará con tempo "propio" para a súa climatoloxía. En concreto, desde a madrugada do sábado a cola da fronte comezará a cruzar a Península polo noroeste e deixará choivas e refachos de vento moi fortes. As precipitacións espéranse en Pireneos e as vertentes cantábrica e atlántica, aínda que as máis fortes daranse en Galicia.  As temperaturas caerán en toda a Península e volveranse a situar nos seus valores normais.

meteogalicia

Comentarios