Caballero pide a Feijóo que deixe de ser "un observador" no conflito de Alu Ibérica

"A política industrial de Fejióo é cero, cero, cero", sinalou o líder do PSdeG
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Gonzalo Caballero conversa con Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. EFE

O secretario xeral do PSddG-PSOE, Gonzalo Caballero, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que deixe de ser "un mero observador" no conflito de Alu Ibérica, ao ser preguntado por esta cuestión.

"A política industrial de Fejióo é cero, cero, cero", explicou en declaracións aos xornalistas coincidindo coa súa presenza na presentación da candidatura socialista pola provincia da Coruña ás próximas eleccións autonómicas.

Nelas, Caballero mostrou o seu "compromiso pleno" co mantemento do emprego na planta coruñesa e afirmou que a liña de contacto co Ministerio de Industria é "continua". No entanto, apuntou que a Xunta é "competente en política industrial" polo que reclamou que actúe ante o peche das instalacións.

O secretario xeral do PSDEG-PSOE acusou, ademais, a Feijóo de ir este xoves a Ferrol a sacarse "a foto" en Navantia Fene, onde se asina un contrato sobre enerxía eólica mariña, xa que, dixo, "non tomou nin unha medida de apoio" ás renovables.

Comentarios