Imprimir

Calleja roda no Courel, "unha beleza sorprendente ao igual que descoñecida"

Redacción | 22 de mayo de 2019

Calleja xunto a unhas veciñas do Caurel. FACEBOOK
Calleja xunto a unhas veciñas do Caurel. FACEBOOK

O equipo de 'Volando Voy', de Cuatro, atópase esta semana en Galicia gravando un dos episodios da próxima tempada

Jesús Calleja e o equipo de Volando Voy, de Cuatro, atópanse esta semana no Courel rodando un dos episodios da nova tempada do programa.

O montañeiro leonés compartiu na súa conta de Facebook varios vídeos nos que dá un pequeno adianto da aventura que está a vivir en terras galegas.

"Hoxe xa estamos a filmar na Serra do Courel. Dunha beleza sorprendente ao igual que descoñecida, con xente moi arraigada á súa terra...", apuntou Calleja nun dos vídeos publicados, con imaxes da zona gravadas desde un helicóptero.

No segundo vídeo, o aventureiro relata algunha das dificultades que se atoparon á súa chegada. "Baixamos por un camiño tan estreito que tiñamos dúbidas, pero ao chegar a unha aldea, case non pasa o Jeep España. Grazas a un señor que nos axudou e impactoume a conversación con el..", escribiu o presentador Volando Voy.  

Precisamente as charlas cos veciños son un dos puntos fortes da nova tempada do programa de Cuatro, que quere "pór sobre a mesa cuestións de vital importancia como despoboamento rural ou a protección da fauna e o medio ambiente".

ZONAS RURAIS. "Despois de coñecer moitos lugares de España, démonos conta de que o futuro dos pobos pasa porque haxa unha rexeneración de mocidade. E queremos estar aí. Fai falta un turismo esperanzador, ilusionante, sostible e que funcione. E o máis importante é que a xente nova conecte con esa idea", destacan desde o espazo de Cuatro.

Con este obxectivo, nos novos programas "destacaranse as vantaxes de vivir en zonas rurais, dando voz ás persoas que apostaron forte por ese estilo de vida e non queren abandonar a súa terra, e tamén ás que optaron por instalarse en zonas rurais da España máis profunda".

Ademais do Courel, o equipo de Volando Voy desprazarase ao Xeoparque de Granada, ao Parque Natural das Serras Subbéticas en Córdoba, ao Cap de Creus, ao Val de Laciana, ao Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/calleja-roda-courel-beleza-sorprendente-do-mesmo-xeito-desconecida/20190522223808058869.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)