Galicia

Mariscadoras heroicas en Cambados nun día de temporal

Nun día de temporal, co litoral pontevedrés en alerta vermella por ondas de ata oito metros, as marisqueiras volveron demostrar que están feitas doutra pasta. Unha delas, Irene Álvarez, compartiu un vídeo en Facebook no que se ven as condicións nas que tiveron que mariscar este xoves en Cambados.

A publicación tivo moito éxito e, en apenas unhas horas, fora compartida máis de 600 veces. O vídeo acompañábao a autora dunha divertida mensaxe de rigorosa actualidade política: "Si Pedro y Pablo estuvieran así seguro que se daban antes el abrazo ...".

FACEBOOK: Irene Álvarez Fontenla

Comentarios