Un can solto e non asegurado agride a outro en Pontevedra

O propietario tamén carecía de licenza para animais potencialmente perigosos e enfróntase a unha cuantiosa sanción 

O lugar onde ocorreu o ataque en Loureiro Crespo quedou manchado de sangue. CRISTIAN GONZÁLEZ
photo_camera O lugar onde ocorreu o ataque en Loureiro Crespo quedou manchado de sangue. CRISTIAN GONZÁLEZ

Un can de raza potencialmente perigosa deixou malferido a outro can nunha agresión ocorrida este martes na rúa Loureiro Crespo de Pontevedra.

A Policía Local, que identificou os propietarios de ambos os animais, sinalou tras o ocorrido que o dono do atacante carecía de seguro e de licenza, polo que se expón a unha sanción moi cuantiosa ao amparo da Lei de Protección Animal.

Segundo relatou unha testemuña do ocorrido á TVG, tras o ataque, o propietario do can atacado subiuse a un turismo co animal "e o outro estaba solto intentando subirse ao coche". "O dono apareceu ao cabo duns minutos coa boceira e a correa na man". E é que o can atacante no momento da agresión "estaba sen colar nin nada". "Non sei se se lle soltou ou se o levaba sen el", puntualiza.

A vítima do ataque foi atendida nunha clínica especializada da zona Este de Pontevedra. Mentres, a Xefatura da Policía Municipal analiza os datos que obran no seu poder e as correspondentes denuncias. 

Os feitos provocaron un gran balbordo na zona ante o sangue que perdía o can que foi obxecto do brutal ataque, que, ao ter como vítima a outro animal, non constitúe delito algún.