Imprimir

Caneda móntalla a Bugallo: "Como ten tanto morro de presentarse aí"

Redacción | 20 de mayo de 2019

Caneda enfróntase a Bugallo durante o debate electoral. TWITTER (@OUTES)
Caneda enfróntase a Bugallo durante o debate electoral. TWITTER (@OUTES)

O expresidente do Compostela interviu de forma espontánea durante o turno do candidato socialista

O expresidente do Compostela José María Caneda protagonizou un tenso momento durante o debate electoral celebrado este luns entre os candidatos á alcaldía de Santiago.

O que foi máximo mandatario do equipo santiagués interviu de forma espontánea durante o turno de Xosé Sánchez Bugallo coa intención de reabrir debates pasados sobre o club que se remontan á etapa do socialista á fronte do Concello. "Como ten tanto morro de presentarse aí", declarou Caneda.

Os desencontros entre o expresidente do Compostela e o exalcalde por cuestións relacionadas co club foron unha constante durante a etapa de Bugallo en Raxoi.  

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/caneda-montalla-bugallo-pleno-debate-ten-tanto-morro-presentarse-ai/20190520232014058706.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)