Vídeos

Cañita Brava promociona 'Fariña': "O único Escobar é Manolo'

O inclasificable Cañita Brava tamén se 'engancha' a 'Fariña' e promociona o segundo episodio da serie sobre o narcotráfico en Galicia, que se emite este mércores en Antena 3. "O único Escobar é Manolo", di o artista coruñés, en referencia a unha frase que pronuncia Roque –o compinche de Sito Miñanco ao que dá vida o compostelano Tamar Novas– durante o primeiro episodio. Precisamente a vida de Roque corre perigo na segunda entrega de 'Fariña'.