Opinión

Capitalismo e confinamento

No metro con mascarilla.
photo_camera No metro con máscara. EFE

SUPOÑO QUE o capitalismo é isto. Ter que ir traballar a unha fábrica chea de xente pero non poder asistir ao funeral da túa avoa. Ter que coller o metro en hora punta pero non poder viaxar ata Lugo para darlle un bico aos teus pais. O capitalismo sempre atopa unha xustificación para que o económico prime sobre o humano; mesmo facéndonos crer que o económico é o humano.

Agora proliferan os expertos que barruntan como será o futuro. Algúns prognostican o fin dunha era. Permítanme, e non porque non o desexe, que o poña en dúbida. O capitalismo non só sobreviviu a todas as crises que provocou, desde o crac do 29 ata o crash de 2008, senón que recruou os seus mecanismos á saída de cada unha delas. É, sen dúbida, unha gran contradición. Todos as temos. Agora descúlpenme; teño que mercar un móbil en China vía Amazon.

* Este tuit de @albertpelias, que se fixo viral nas últimas horas, inspirou esta reflexión. Reflexión que, coma todas no caso do autor deste artigo, bebe das mellores fontes. Neste caso Twitter

Comentarios