O Celta leva o celeste ás batas de pediatría do Álvaro Cunqueiro

A revista Panenka está detrás desta iniciativa á que se sumaron outros clubs de Primeira 
Iago Aspas, durante la visita de los celestes al hospital. TWITTER (@rccelta)
photo_camera Iago Aspas, durante la visita de los celestes al hospital. TWITTER (@rccelta)

O Celta de Vigo sumouse a outros clubs de Primeira División coa entrega na zona de pediatría do hospital Álvaro Cunqueiro de 25 batas creadas con camisetas do primeiro equipamento, unha iniciativa que impulsou a revista de fútbol Panenka baixo a lema #LasBatasMásFuertes

As batas entregadas polo club e a Fundación están serigrafiadas cos nomes e números dos canteiráns que militan no primeiro equipo, informou este luns a entidade galega.

Ao acto de entrega acudiron o presidente e máximo accionista do Celta, Carlos Mouriño; o director da Fundación, Germán Arteta; e os xogadores do primeiro equipo Iago Aspas e Denís Suarez.

“Esta iniciativa naceu para que os nenos hospitalizados poidan lucir a camiseta do seu equipo favorito en lugar da aburrida bata verde para que o seu estado de ánimo poida mellorar e así sentan máis fortes”, destaca o Celta no seu comunicado.

Comentarios