A chegada dunha fronte suaviza as temperaturas mínimas

Volven as precipitacións ao noroeste de Galicia
METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

As xélidas temperaturas mínimas rexistradas nos últimos días en Galicia suavizaranse algo este xoves coa chegada dunha fronte pouca activo, que non evitará, con todo, que os termómetros caian por baixo de cero en Lugo. De feito, as previsións de Meteogalicia localizan na capital lucense a mínima máis fría do mapa urbano da comunidade, con -2 graos.

Lugo é a única urbe galega para a que se anuncian temperaturas negativas, aínda que non vaian caer ata os -5 do mércores. A cidade quedará tamén coa máxima máis fresca, de 8 graos, fronte aos 12 de Pontevedra e Ourense.

A fronte que entrará en Galicia polo noroeste cubrirá o ceo e deixará choivas nalgúns puntos da comunidade, sobre todo no noroeste e o norte de Lugo.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña     8°     11°    
Ferrol           7°     11°    
Lugo            -2°     8°
Ourense       0°     12°    
Pontevedra 4°     12°    
Santiago     4°     10°
Vigo             4°     10°