As choivas salpican a metade norte de Galicia

Previsión del tiempo para este martes.METEOGALICIA
photo_camera Previsión del tiempo para este martes.METEOGALICIA

A xornada do martes será de transición na que o aire frío irase desprazando progresivamente cara ao Leste da península Ibérica e será substituído polas altas presións.

Con esta situación, espérase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con choivas débiles e intermitentes durante a mañá na metade norte; pola tarde as choivas irán desaparecendo, abríndose grandes claros no sur.

As temperaturas descenderán lixeiramente e os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos moderados no litoral.

TEMPERATURAS
A Coruña 15º 19°
Ferrol 14° 19°
Lugo 8° 19°
Ourense 12° 26°
Pontevedra 12° 23°
Santiago de Compostela 11° 19°
Vigo 13° 24°

Comentarios