Imprimir

Chuvascos illados e ocasionais este xoves en Galicia

Efe | 30 de septiembre de 2020

Despois do paso dunha fronte durante a madrugada, nas primeiras horas do xoves Galicia quedará nunha situación de chuvascos illados e ocasionais. 

Pola tarde os ceos iranse cubrindo progresivamente á espera dunha nova fronte que chegará pola noite e deixará choivas en toda a comunidade. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. 

O vento soprará moderado de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte e refachos moi fortes pola noite.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades: 
A Coruña 15º/19º; Ferrol 14º/18º; Lugo 12º/17º; Ourense 13º/22º; Pontevedra 14º/22º; Santiago 12º/17º;
Vigo 14º/19º. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/chuvascos-illados-ocasionais-xoves-galicia/20200930221527085132.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)