Ciudadanos renova todos os seus cabezas de lista

María del Carmen Mahía Vázquez lidera a circunscrición da Coruña
Ciudadanos. EP
photo_camera Ciudadanos. EP

Ciudadanos Galicia renovou todos as súas cabezas de lista nas catro provincias galegas de face aos comicios do 5 de abril logo de non chegar a un acordo de coalición como o PPdeG tal e como aspiraban na formación laranxa.

A falta de entendemento entre os populares galegos e a formación laranxa desembocou en que a formación liberal concorra ás eleccións con Beatriz Pino como aspirante á presidencia da Xunta. 

A xornalista viguesa e que foi deputada no Congreso será o número un pola provincia de Pontevedra.

A circunscrición de A Coruña, informou o partido, está encabezada por María del Carmen Mahía Vázquez, que foi nas listas ao Senado nas pasadas eleccións xerais.

De igual forma, a formación laranxa decidiu que a cabeza de lista por Ourense sexa José Araújo, portavoz de Ciudadanos no Concello de Ourense; mentres que José Ángel Gómez Fernández será o número un por Lugo.

Comentarios