Os Coira salvan a honra galaica nos premios Feroz de Almodóvar

A serie dos irmáns de Rábade foi a exigua vitoria nuns galardóns que consagraron se cabe máis Dolor y gloria
Los hermanos Coira posan con el premio a la Mejor serie dramática durante la gala de entrega de los Premios Feroz 2020. DAVID FERNÁNDEZ (Efe)
photo_camera Os irmáns Coira pousan co premio á Mellor serie dramática durante a gala de entrega dos Premios Feroz 2020. DAVID FERNÁNDEZ (Efe)

Galicia volveu o xoves case sen carga dos premios Feroz. O que arde non tivo o seu día, nin Luis Tosar nin Zeltia Montes. Ningún conseguiu galardón nas súas respectivas categorías. Con todo, alí estaban os irmáns Coira para  salvar a honra galaica coa multipremiada serie Hierro, que rabuñou dous galardóns como mellor serie dramática e tamén mellor actriz protagonista dunha serie para a xuíza Candela Pena.

Nas antípodas situouse O que arde, rodada en galego e nos Ancares, que non levou ningunó dos cinco galardóns aos que optaba: mellor película, mellor director e mellor guion, un triunvirato de premios que foron a parar todos a mans de Pedro Almodóvar por Dolor y gloria, que se mostrou intratable; mellor cartel, que foi a parar finalmente á película El crack cero e mellor tráiler que levou Adiós.

Luis Tosar, que competía a mellor actor, e Zeltia Montes, nomeada á mellor música orixinal, nada puideron facer ante o fenómeno de Dolor y gloria, que non deixou monicreque con cabeza nuns premios que son a antesala dos Goya, que se celebrarán o próximo día 25 en Málaga.

Comentarios