A compra de dous pisos a un afín da Marea na Coruña cóbrase unha vítima política

Dimite a xefa de servizo de Vivenda, mentres a oposición esixe máis responsabilidades políticas

El concejal Xiao Varela se ausentó de la votación de la Autoridad Portuaria. CABALAR
photo_camera El concejal Xiao Varela se ausentó de la votación de la Autoridad Portuaria. CABALAR

A xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, Natalia Codesal, presentou a súa dimisión despois de que o Consello Consultivo considere nula a compra de dous dos seis pisos adquiridos para aluguer social mediante un concurso convocado polo Consistorio. 

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, preguntado se el tamén pensa dimitir, dixo que o alcalde ten a súa dimisión "nas mans, todos os días".  "El sábeo", recalcou, achacando a "responsabilidade" de que o Consello Consultivo tome esta decisión sobre a compra de dous pisos –adquiridos a un afín da Marea Atlántica, segundo incidiu este mércores a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego– a erros "humanos" no proceso de selección dos pisos. 

Con todo, negou inxerencias do goberno local no concurso, aínda que admitiu que se seguiron unhas bases "que se demostraron incorrectas". Agora, o Concello, e en base aos criterios seguidos polo Consello Consultivo –cuxas decisións son vinculantes–, exporá a este organismo se outros tres inmobles, dun total de seis adquiridos, deben ser "obxecto de nulidade". 

Os tres grupos da oposición no Concello da Coruña, PP, PSOE e BNG piden responsabilidades políticas tras coñecerse os ditames do Consello Consultivo que anulan a compra de dous inmobles destinados a vivendas de aluguer social.

Comentarios