Imprimir

O condenado por asasinato en Narón pide reconsiderar probas para ser absolto

Efe | 10 de abril de 2018

El octogenario acusado de haber matado a su mujer en Narón. CABALAR (EFE)
El octogenario acusado de haber matado a su mujer en Narón. CABALAR (EFE)

O octoxenario Juan Fraga foi considerado culpable do asasinato da súa esposa no ano 2015

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu este martes a vista polo recurso presentado pola defensa do octoxenario condenado polo asasinato da súa esposa en Narón en 2015, Juan Fraga, que solicitou que se reconsideren probas para obter a libre absolución, fronte á actual condena a vinte anos de cárcere. Tanto a acusación particular como a Fiscalía mantiveron, na sala do civil e o penal do TSXG, a confirmación íntegra da sentenza e sosteñen que non existe ningún motivo para que esta sexa revogada.

Momentos antes de iniciarse a vista, a letrada que exerce a acusación particular, que representa ao fillo do procesado, manifestou aos medios que "o xurado fixo un traballo magnífico, xustificado e a condena é absolutamente xusta". Pola súa banda a defensa do condenado mantén a inocencia de Juan Fraga que "declarou a súa inocencia desde o principio" sinalando que "hai probas obxectivas que o favorecen, que demostran a súa inocencia e que non foron tidas en conta polo Xurado".

Para a defensa a condena "baseouse en indicios que en realidade non son máis que conxecturas, opinións e fronte a iso non se poden desdeñar as probas obxectivas que son moi claras", argumentou en declaracións aos medios momentos antes de que comezase a vista. Pola súa banda o fillo da falecida e acusación particular no xuízo en declaracións aos medios, expresou o seu desexo de que o proceso "termine xa" e o acusado "siga en prisión que é onde ten que estar".

Un xurado considerou a Fraga culpable de asasinar á súa muller, tras 57 anos de matrimonio, o 29 de decembro de 2015, aínda que el alegou que se produciu un roubo no seu domicilio e que cando ocorreron os feitos, que acabaron coa vítima ensanguentada tras ser acoitelada.

Esta é a segunda ocasión na que o proceso chega ao TSXG, pois no seu momento a sala do civil e o penal xa revogou o fallo do xurado por falta de motivación do veredito e obrigou a repetir o proceso na Audiencia Provincial da Coruña, que acabou con idéntico resultado.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/condenado-asasinato-naron-pide-reconsiderar-probas-ser-absolto/20180410145949029485.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)