Un conductor bébedo que circulaba en zig-zag pola AP-9 pasa a disposición xudicial

O autor do presunto delito negouse á realización dun control de alcolemia
Un coche de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Coche da Garda Civil. AEP

Un home pasa a disposición xudicial na cidade de A Coruña despois de ser detido por conducir de maneira temeraria -en zig-zag- na AP-9, poñendo en perigo a súa vida e a do resto dos condutores.

O home presentaba claros síntomas de embriaguez

Os axentes de tráfico fixeron intentos de cortar a situación alertándoo con sinais acústicos e luminosos tras ser alertados polas chamadas de diversos particulares, ata que se conseguiu facelo frear acurralándoo entre dous coches da Garda Civil. O home, que presentaba síntomas de embriaguez, perdeu o equilibrio ao baixar do coche, mancándose nas mans e na fronte, e os axentes trasladárono ao CHUAC. Ademais, negouse ao sometemento dun control de alcolemia, cargo que se sumará ao do acuso de delito contra a seguridade viaria.

Comentarios