Imprimir

Confirman que a orixe da intoxicación en garderías de Cangas estaba no menú

Europa Press | 23 de octubre de 2019

Imagen de la escuela infantil A Galiña Azul O Hío. GSV
Imagen de la escuela infantil A Galiña Azul O Hío. GSV
As análises apuntan a un peixe servido. Desde a Xunta chaman á calma e afirman que é unha incidencia leve

As análises realizadas por Sanidade sobre os alimentos servidos aos nenos de dúas escolas infantís da zona de Cangas confirmaron que o menú do pasado venres como a orixe da reacción alérxica que sufriron varios dos infantes que acoden a estes centros. 

O primeiro caso foi detectado o pasado venres en A Choupana, cando a algúns dos pequenos aparecéronlles ronchas e manchas vermellas polo corpo, que desapareceron espontaneamente en menos dunha hora. 

Os profesionais da escola, ante as sospeitas de que a orixe das manchas puidesen ser os alimentos, cambiaron rapidamente o menú servido na segunda quenda de comida. 

Tamén se deron circunstancias similares noutra escola infantil da zona, a de O Hío, cuxa cociña está xestionada pola mesma empresa que o centro da Choupana. En total, a Consellería de Política Social tivo constancia de nove casos de reaccións alérxicas nos pequenos. 

A orixe do problema foi peixe servido nesa xornada. Segundo trasladaron fontes da Xunta a Europa Press, os técnicos analizaron o peixe tanto en cru, conxelado como cociñado e confirmaron a presenza dunha sustancia, histamina, por encima dos valores normais. 

Sanidade acudiu á propia empresa encargada de ambas as cociñas e "non viron nada anómalo" polo que determinaron que a causa "máis plausible" é que rompese a cadea de frío nalgún momento do transporte do alimento por parte do distribuidor. 

De feito, as mesmas fontes apuntan a esta posibilidade como a causa máis probable, posto que a empresa concesionaria cambiou de provedor de peixe hai menos dun mes. Finalmente, realizaron un chamamento á calma, posto que se tratou dunha incidencia leve e non dun problema a gran escala. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/confirman-origen-intoxicacion-guarderias-cangas-estaba-menu/20191023195837067316.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)