Confunden un vibrador cunha bomba no aeroporto de Berlín

O pasaxeiro sospeitoso de portar un artefacto explosivo mostrouse moi sorprendido

Entrada al aeropuerto de Berlín. EP
photo_camera Entrada al aeropuerto de Berlín. EP

O persoal de seguridade do aeroporto de Berlín Schönefeld tivo unha curiosa equivocación este martes. Evacuaron a terminal D ao confundir un xoguete sexual dun pasaxeiro cunha bomba.

O pasaxeiro sospeitoso de portar un artefacto explosivo mostrouse moi sorprendido ao ver como sacaban á xente da terminal e había un policía que lle estaba apuntando coa súa arma.

Persoal do aeroporto explicou por Twitter que se procedeu á evacuación debido á presenza dun paquete sospeitoso.

O pasaxeiro foi levado a unha sala. "Logo de 60 minutos de tensión, o artificieiro volveu rindo. A granada de man en realidade era un vibrador que a miña noiva e eu compraramos a semana anterior", sinalou.

Comentarios