Vídeos

O Congreso pide VAR: houbo ou non cuspe a Borrell?

Durante dous séculos, o Diario de Sesións foi o notario máis fiel do que ocorre no Congreso, pero ben entrado o século XXI, un presunto cuspe, denunciado pola vítima e negado polo suposto autor, parece que vai requirir da última tecnoloxía en postverdade: o VAR futbolístico. A pesar das dúbidas que xerou o episodio, o presunto agredido, o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, mantivo con firmeza a súa versión. Segundo Borrell, despois de que o portavoz de ERC, Gabriel Rufián, fóra expulsado do campo -ou do hemiciclo- por alterar a orde, o seu compañeiro de equipo -e de partido-, Jordi Salvador, pasou ao seu lado e lanzoulle un cuspe. Revisando o vídeo, o único que se ve é un leve xiro de cabeza, un aceno na boca de Salvador e, a continuación, a un Borrell indignado sinalando co dedo ao deputado republicano. "Non vou facer a anatomía do cuspe, virouse e cuspiume", relatou o ministro. Como non podía ser doutra maneira, o suposto autor do xesto negouno taxativamente e remarcou que é "mentira" que cuspise a Borrell, con quen recoñece que mantén unha relación algo tirante a conta do procés. VÍDEO: EFE