Imprimir

Os contaxiados do gromo relacionado cun campamento de Cerdido elévanse a 15

Europa Press | 14 de agosto de 2020

Persoal dun laboratorio traballa coas probas PCR. EUROPA PRESS
Persoal dun laboratorio traballa coas probas PCR. EUROPA PRESS

Os afectados por un gromo relacionado cun campamento de Cerdido ascenden a 15, un máis que este xoves, todos eles en seguimento domiciliario.

Confirmárono fontes da Consellería de Sanidade, que puntualizaron que tres dos positivos son monitores, dous menores e dez contactos dos anteriores, un máis que na anterior xornada. Ata o momento realizáronse 172 PCR relacionadas con este gromo, 39 máis que este xoves. 

Este brote está vinculado co Campamento de Verán 2020 que organiza a Sociedade Cultural Airiños dos Carrís e a anpa do colexio Os Carrís.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/contaxiados-do-brote-relacionado-campamento-cerdido-elevanse-15/20200814125032083126.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)