Imprimir

Controlado o incendio de Lobios logo de arrasar 420 hectáreas

Europa Press | 11 de agosto de 2020

Equipos de extinción en Lobios. BRAIS LORENZO (Efe)
Equipos de extinción en Lobios. BRAIS LORENZO (Efe)
Por outra banda, quedou extinguido o lume de Muíños, na parroquia de Requiás

O incendio forestal que se rexistra desde a mañá do pasado sábado no municipio ourensán de Lobios quedou controlado este martes após arrasar unhas 420 hectáreas no parque natural do Xurés. Na extinción deste lume produciuse un accidente de hidroavión no que faleceu un piloto portugués.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que indicou que este lume se localiza na parroquia de Manín, onde comezou ás 8.00 horas do sábado após entrar desde Portugal.

Nas tarefas de extinción traballaron de forma acumulada 11 helicópteros, nove avións, 30 motobombas e 55 brigadas, entre outros medios.

Por outra banda, quedou extinguido ás 19.06 horas o incendio de Muíños, na parroquia de Requiás, que afectou a case 50 hectáreas no Xurés.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/controlado-incendio-lobios-logo-arrasar-420-hectareas/20200811214259083042.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)