Convocadas 109 prazas de auxiliar de policía local en 24 concellos

Desempeñan funcións de apoio e auxilio ao corpo

Coche de la policía local. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Coche de la policía local. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de 109 prazas de auxiliar de policía local pertencentes a 24 concellos.

Esta convocatoria é a primeira que se fai desde a entrada en vigor do decreto 115/2017, polo que os concellos delegan na Xunta de Galicia a competencia da convocatoria de prazas para os seus corpos de Policía Local.

Nesa data, 48 concellos asinaron o convenio de delegación de competencias. Nas próximas semanas publicarase o proceso selectivo para a cobertura de prazas de policía local.

Os auxiliares da policía local desempeñan funcións de apoio e auxilio ao corpo da Policía Local naqueles concellos nos que se produce en determinadas tempadas un aumento notorio da súa poboación.

Comentarios