O Compos celebra 'a ascensión' no día do Apóstolo

O conxunto santiagués asinou o seu regreso a segunda B cun empate ante o Ourense Cf
Los jugadores de la SD Compostela celebran el ascenso a Balaídos.INSTAGRAM
photo_camera Los jugadores de la SD Compostela celebran el ascenso a Balaídos.INSTAGRAM

A SD Compostela asinou este sábado o seu regreso á categoría de bronce logo de obter un empate en Balaídos ante o Ourense CF (1-1).

O conxunto dirixido por Yago Iglesias afrontaba os seus terceiros play-off de ascenso consecutivos. Esta vez os composteláns conseguiron o ansiado premio, non sen sufrimento, nun partido que se lles puxo costa arriba co tanto do equipo da cidade das Burgas, transformado por Adri Castro aos doce minutos do encontro.

O panorama non era bo para a SD, á que os ourensáns non deron opción ata a segunda parte, cando Pablo Antas transformou un penalti. O tramo final do partido estivo marcado polos nervios, ocasións e erros de ambos os conxuntos. No entanto, o Compos conseguiu finalmente manter un empate que lle valeu o ascenso a segunda B.

Comentarios